Project Noah

Project Noah is a tool to explore and document wildlife and a platform to harness the power of citizen scientists everywhere.

Join Project Noah Today

Abeleira ( gal ) , Avellano ( es )

Corylus avellana

Description:

MÁIS INFORMACIÓN A abeleira é unha das árbores máis apreciadas polos pequenos animais do bosque, pois as súas abelás serven de alimento en inverno a moitos deles. Tamén os humanos apreciámolas ben, de xeito que en Galicia temos máis de 400 explotacións. Das abelás extráese un aceite que ten moitas aplicacións, úsase ou usábase coma alimento, lubricante industrial, para o alumeado e na elaboración de perfumes, pinturas e xabón. Algunhas partes da árbore teñen propiedades medicinais. A cortiza en cocemento ten propiedades astrinxentes, e as candeas masculinas en infusión utilízanse coma sudorífico. A súa madeira é de utilidade para a fabricación de bateas, instrumentos musicais, toneis, cestería e artesanía e coas ramiñas carbonizadas fabrícanse carbonciños de debuxo. Segundo a cultura popular as abeleiras axudan a curar o tangaraño dos meniños (probablemente o raquitismo), ao pasalos por baixo das pólas tres mulleres chamadas María. Tamén as pólas novas forman parte do ramo de San Andrés, que ten poder contra Cronos e os maleficios e axuda a curar as enfermidades dos animais. ORIXE DO NOME A nome abeleiro vén do latín ABELLANARIA - “ árbore da abelá”, que a súa vez fórmase da palabra Abellana nux, derivada do nome da cidade italiana Abella, na Campania, onde dicíase que se criaba en abundancia esta árbore. OUTROS NOMES Abeleiro

Habitat:

Bosque de ribeira / River Forest


1 species ID suggestions

Common Hazel
Corylus avellana Corylus avellana

1 Comment

luis.bio.teis
luis.bio.teis a year ago

Tnks !!!!

Redondela, Galicia, Spain

Lat: 42.27, Long: -8.66

Spotted on Apr 30, 2012
Submitted on Apr 30, 2012

Related spottings

Hazelnut tree Turkish Filbert Beaked Hazelnut American Hazel

Nearby spottings

Abeleira (gal), avellano común (es). Fento das pedras (ga), polipodio (es) avellano Avellano (es) Abeleira (gal)