Guardian Nature School Team Contact Blog Project Noah Facebook Project Noah Twitter

A worldwide community photographing and learning about wildlife

Join Project Noah!
nature school apple icon

Project Noah Nature School visit nature school

Lamprea (gl)

Petromyzon marinus

Description:

tamén chamada lamprera e chupona, é un peixe agnato (sen mandíbula), de forma alongada, serpentiforme e cilíndrica. Pertence a un grupo evolutivamente moi primitivo e caracterízase pola forma da súa boca en forma de ventosa. Distínguese tamén polos sete buratos branquiais a ámbolos lados do corpo e pola pel moi viscosa, sen escamas. O seu esqueleto é cartilaxinoso. É parasito doutros peixes e, por veces, tamén de mamíferos mariños. O seu ciclo vital é anadromo, é dicir: nace nos ríos, medra no mar e regresa ó río para reproducirse, momento no que se captura para o seu consumo. Gastronomicamente, é un peixe comestible moi apreciado por moitos. Considérase peixe azul (de alto contido graxo). Existe unha especie similar, a lamprea de río (Lampetra fluviatilis), que tamén madura no mar. Distínguese polo seu menor tamaño corporal e o da ventosa bucal.

Habitat:

As lampreas, tanto a lamprea de mar como a de río, son peixes anadromos: nacen no río, maduran no mar e volven ó río a reproducirse e morrer. A desova prodúcese na primavera, nos cursos medios e altos dos ríos, con augas correntes e ben osixenadas, sobre fondos duros e lisos, onde a lamprea escava un gran foxo, deposita os ovos e cúbreos con pedriñas que transporta coa ventosa da boca. Ó cabo de 10-20 días nacen as larvas, que se denominan ammocoetes, e que carecen de ventosa bucal, alimentándose de detritus e pequenas partículas orgánicas en suspensión que aspira cara a cámara branquial e quedan pegados ó mucus da farinxe. Ó cabo dunha fase larval de 4-5 anos (ata sete anos), xa cuns 10-20 cm de lonxitude, sofren unha metamorfose e convértense en adultos. Os adultos descenden cara o mar ata o momento en que alcanzan a madurez sexual, ó cabo de 1-2 anos. No mar viven a profundidades de 200 a 500 m e medran ata un tamaño de 80-100 cm de lonxitude (con máximos de 120 cm), comezando entón, entre decembro e abril, a viaxe migratoria cara os ríos, para reproducirse e desovar. Para fecundala, o macho fíxase á femia coa ventosa e enlíase ó redor dela, á vez que a femia se suxeita a unha pedra do fondo. Trala reprodución, morren. As lampreas están presentes en augas temperadas dos dous hemisferios. Habitan ríos da maior parte de Europa (Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Italia, Portugal, Gran Bretaña). En España tamén era frecuente pero só se mantén en certa abundancia en Galicia, e é moi escasa nos ríos do País Vasco e Cantabria, así como no Guadalquivir, Guadiana e no Ebro. En Galicia seguen estando presentes no Miño e no Ulla. Eladio Rodríguez conta no seu Diccionario Enciclopédico que: En los ríos Ulla, Miño, Tambre, Lérez, Sar, Umia y otros se pescan excelentes lampreas, algunas de una vara de largo. Llevan la preferencia las de Tuy y Padrón; y su sazón desde principios de año hasta fines de Abril, pero en el río Allóns, que atraviesa la comarca de Bergantiños, se pescan muy buenas en Junio y Julio. Las de Padrón eran ya estimadas por los romanos, lo mismo que las de Ponteceso. Outras lampreas moi cotizadas son as do río Tea, afluente do Miño, as cales se pescan con artes moi antigas que consisten en montar unha estacada no rio e acudir de noite a elas e cravalas coa chamada filga, sempre coa axuda de luces.

Species ID Suggestions



Sign in to suggest organism ID

No Comments

caldasrafa
Spotted by
caldasrafa

Tui, Galicia, Spain

Spotted on Jan 6, 2012
Submitted on Jan 10, 2012

Related Spottings

Sea lamprey Sea Lamprey

Nearby Spottings

Cangrejo rojo americano Anguia (gl), Anguila europea (es), European eel (uk) Spotting Yesquero multicolor (es), Cola de pavo

Reference

Noah Guardians
Noah Sponsors
join Project Noah Team

Join the Project Noah Team