Guardian Nature School Team Contact Blog Project Noah Facebook Project Noah Twitter

A worldwide community photographing and learning about wildlife

Join Project Noah!
nature school apple icon

Project Noah Nature School visit nature school

Centola (gl), Centollo (es), spinous spider crab (uk)

Maja brachydactyla

Description:

Co nome de centolo ou centola (Maja squinado, Herbst 1788) denomínase un cangrexo de mar, decápodo, de caparazón espiñento, un dos máis apreciados gastronomicamente entre os mariscos. O uso dun ou doutro nome non se corresponde realmente ó sexo do animal senón que obedece máis a denominacións locais, sendo a forma feminina a máis usual. Trátase dun crustáceo braquiúro, co corpo dividido en cefalotórax e abdome, estando este recollido baixo o cefalotórax. O corpo está protexido por un caparazón (tamén chamado cacho, casca ou casco) de forma basicamente triangular apuntado cara adiante (con dúas fortes espiñas no extremo anterior) e redondeado por detrás, recuberto en toda a súa superficie por numerosos picos ou tubérculos espiñentos e abundante peluxe ríxido, de curtas sedas rematadas en gancho. Sobre estas espiñas e sedas fíxanse algas, esponxas, poliquetos e outros organismos mariños, cos que se camufla no medio mimetizándose co fondo no que vive. No ángulo anterior, rostro, posúen dous pares de pequenas antenas e un par de ollos pedunculados, así como os apéndices bucais, estes na cara inferior. Como corresponde á orde dos decápodos, posúe cinco pares de patas duras, longas e relativamente delgadas, tamén cubertas da mesma peluxe, rematadas en uñas ou púas, excepto o primeiro par de patas –chamadas quelas ou quelípedos- máis desenvolvido e rematado en pinzas, longas e débiles, máis fortes no macho que na femia. Centola (Maja squinado). Á esquerda, un exemplar femia; á dereita, un macho. O abdome está reducido e pregado cara adiante baixo o corpo. A súa forma varía entre machos e femias (dimorfismo sexual) e permite diferencialos facilmente, xa que nas femias é avultado e ancho para recoller e protexe-las ovas. Se o levantamos, veremos un par de apéndices abdominais (pleópodos) por segmento, excepto no último. No macho, o abdome é máis aplastado e estreito, de menor tamaño e só mostra dous pares de apéndices abdominais, modificados para cumprir funcións de aparello copulador. Os tamaños que pode alcanza-la centola son moi variables, ata os 30 cm de lonxitude e os 4 kg de peso, se ben o habitual é que non cheguen a supera-los 20 cm e uns pesos medios de 1,2 a 1,5 kg. Coa sobreexplotación ó que é sometida a especie, os tamaños dos exemplares no mercado son cada ano menores. Normalmente, o caparazón é máis longo que ancho, pero segundo vai aumentando o tamaño invértese esta proporción, sendo nos de gran tamaño máis ancho que longo.

Habitat:

Vive preto da costa en fondos rochosos ou areosos que estean poboados de algas. Necesita, polo tanto, fondos nos que poida chega-la luz solar, circunstancia que se dá na franxa infralitoral, ata profundidades duns 50 metros, aínda que se atopan exemplares tamén ós 100 metros. A centola é un cangrexo de hábitos migratorios, distribuído en augas do nordeste do Atlántico, desde as illas Británicas ata Guinea, e na costa norte do mar Mediterráneo. En Galicia é moi común en toda a plataforma costeira e dentro das rías. Adoita realiza-las migracións no outono, coñecéndose exemplares marcados que chegaron a percorrer distancias de ata 160 km en oito meses. Aliméntase de gran variedade de organismos mariños en función da época do ano e das dispoñibilidades de alimento na zona en que vivan, polo que se consideran omnívoras. Comen sobre todo algas e moluscos en inverno, e equinodermos (ourizos, estrelamares e cogombros) ou outros crustáceos no verán. Son depredadas por outros animais mariños, como o polbo ou o lumbrigante.

Species ID Suggestions



Sign in to suggest organism ID

No Comments

caldasrafa
Spotted by
caldasrafa

Galicia, Spain

Spotted on Jan 12, 2012
Submitted on Jan 13, 2012

Spotted for Missions

Related Spottings

Lithodes maja Lesser spider crab Centola (gl), Centollo (es), spinous spider crab (uk) European spider crab

Nearby Spottings

Lumbrigante (gl), Bogavante (es), European lobster (uk) Boi de mar (gl), Buey de mar (es), edible crab or brown crab (uk) Golfiño riscado e Arroas Nacra

Reference

Noah Guardians
Noah Sponsors
join Project Noah Team

Join the Project Noah Team