Guardian Nature School Team Contact Blog Project Noah Facebook Project Noah Twitter

A worldwide community photographing and learning about wildlife

Join Project Noah!
nature school apple icon

Project Noah Nature School visit nature school

Lumbrigante (gl), Bogavante (es), European lobster (uk)

Homarus gammarus

Description:

El bogavante (Homarus gammarus) es un crustáceo decápodo marino, muy similar a la langosta, que puede alcanzar los sesenta centímetros de longitud. Caparazón de cor negra azulada, con manchas máis pálidas; de cor amarelada na cara inferior. O bordo lateral dos segmentos do abdome é brancuxa ou vermella. No caparazón coexisten dous pigmentos, un azul escuro, dominante, soluble; e outro vermello, insoluble. A cor vermella viva coa que coñecemo-lo lumbrigante no prato, cociñado, aparece só trala cocción, por desaparición dos outros pigmentos do caparazón, solubles na auga. O caparazón do cefalotórax é de forma subcilíndrica, comprimido dorsoventalmente, coa superficie lisa, a diferencia do da lagosta, na que é espiñento. Primeiro par de antenas (anténulas) curtas e divididas en dous flaxelos. Segundo par de antenas longo, da mesma lonxitude có corpo, que nacen dunha base pequena e cunha espiña ben visible. Posúe cinco pares de patas, coma tódolos crustáceos decápodos. O primeiro par é robusto e carácterístico, moito máis grandes cás outras, e remata nunha forte pinza formada por dúas pezas (quelas) desiguais e provistas de varios dentes romos na marxe interna. Estes abultamentos adoitan ser de cor castaña ou avermellada. Normalmente, unha das pinzas -as máis veces, a esquerda- é claramente maior cá outra, sendo a menor máis rápida e cos dentes máis agudos e aserrados. O lumbrigante utiliza a pinza maior para suxeita-las preas e a menor para esgazala en pequenos anacos. O segundo e terceiro par de patas tamén rematan en pinzas, moito menores cás anteriores. O cuarto e quinto par de patas rematan nunha uña única. O abdome está formado por seis segmentos ou aneis, que se sobrepoñen ó dobrarse baixo o cefalotórax. Cada segmento posúe dun par de pequenas patas (pleópodos) de función copuladora e ovíxena. Nos machos, os dous primeiros pelópodos están modificados para translada-los espermatozoides á femia no momento da cópula. O abdome remata nun último segmento, que forma o telson, plano e rematando nun peite de sedas amarelas ou castañas, tamén presentes nos urópodos que conforman a aleta caudal. O tamaño medio do lumbrigante oscila entre os 35 e os 50 cm, chegando a tallas superiores.

Habitat:

O lumbrigante, coma outros crustáceos superiores, é unisexual. O apareamento ten lugar a finais do verán. A femia garda os ovos pegados ó abdome durante 10-12 meses, ata que se produce a eclosión. As larvas pasan por unha primeira fase natatoria ata que alcanzan unha talla duns 3 cm, momento no que pasan a unha vida bentónica, para chegar á madurez ó cabo duns 4 anos, cuns 20 cm de lonxitude. Durante o desenvolvemento sofre numerosas mudas do caparazón, varias ó ano ó principio, que se van reducindo a unha cada dous anos, cando adultas. Aliméntase de noite, a base de moluscos, vermes e peixes mortos. Vive en augas pouco profundas, entre fondos rochosos de 2 a 40 m de profundidade. Atópase no Atlántico oriental, desde a altura do norte de Noruega ata as Azores e Marrocos. Tamén está presente no Mediterráneo, ata o Mar Negro.

Species ID Suggestions



Sign in to suggest organism ID

No Comments

caldasrafa
Spotted by
caldasrafa

Galicia, Spain

Spotted on Jan 12, 2012
Submitted on Jan 13, 2012

Spotted for Missions

Related Spottings

European lobster Femia de Lumbrigante American Lobster Lumbrigante

Nearby Spottings

Boi de mar (gl), Buey de mar (es), edible crab or brown crab (uk) Centola (gl), Centollo (es), spinous spider crab (uk) Golfiño riscado e Arroas Ánade real o azulón (es)

Reference

Noah Guardians
Noah Sponsors
join Project Noah Team

Join the Project Noah Team