A global community of nature enthusiasts
photographing and learning about wildlife
Pica pica mauritanica
A pega (Pica pica) é un paxaro da familia dos córvidos (corvidae). Vive en boa parte de Eurasia, norte de África e Norteamérica. En Europa vive sobre todo nas proximidades dos asentamentos humanos. A súa plumaxe branca e negra e a súa cola longa fana inconfundible.
Vive tanto nas montañas (ata os 2.500 m de altura) coma en terras baixas. As subespecies P. p. asirensis, P. p. bottanensis, P. p. hemileucoptera son casos excepcionais: P. p. bottanensis, por exemplo, cría ata os 4.500 metros e busca alimento ata os 5.500. Habita sobre todo en zonas abertas con prados, mato, sebes e grupos de árbores illadas. Tamén nas beiras dos bosques, preto de zonas acuáticas e pantanos. É raro que apareza en bosques ou zonas de cultivo sen árbores. Evita tamén, en xeral, zonas moi costentas, vales moi estreitos e fondos e áreas onde as nevadas son frecuentes, coa excepción das subespecies citadas máis arriba. Calcúlase que máis da metade da poboación europea cría preto de zonas habitadas, de onde pasa con frecuencia ás cidades, nas que ocupa parques, cemiterios e xardíns. Por contra, antes era unha ave típica da paisaxe agraria. As pegas viven nunha ampla área de Eurasia, no norte de África e Norteamérica. En Europa viven dende o cabo Norte en Escandinavia ata o sur de España e de Grecia. Falta só nalgunhas illas do Mediterráneo. No norte de África aparece nas costas de Marrocos, Alxeria e Tunicia. Son aves sedentarias, aínda que, por exemplo en Escandinavia, se despracen no inverno. No leste de Europa acada os 65° Norte. No Oriente Próximo espállase dende Turquía e parte do Irán ata case a costa do golfo Pérsico. En Asia chega dende o noroeste de Mongolia ó norte do Vietnam. Hai unha poboación illada na península de Kamchatka e outra pequena poboación protexida pola súa escaseza, no noroeste da illa xaponesa de Kyushu. En Norteamérica viven na parte oeste do subcontinente, de Alasca a California.
1 Comment
In a heavy raining night!!!