Guardian Nature School Team Contact Blog Project Noah Facebook Project Noah Twitter

A worldwide community photographing and learning about wildlife

Join Project Noah!
nature school apple icon

Project Noah Nature School visit nature school

Corvo mariño grande (gl), Gran cormorán o cormorán negro (es), Great Black Cormorant (uk)

Phalacrocorax carbo

Description:

é unha especie de corvo mariño que se atopa en calquera extensión grande de auga dentro da súa área de distribución mundial, incluíndo lagos, ríos, esteiros e augas costeiras. Aniña en grande parte das costas do Océano Atlántico, sobre todo en Europa e Norteamérica. O corvo mariño grande é un paxaro negro duns 77-94 cm de longo e 121-149 cm de envergadura. Ten unha cola longa e a gorxa amarelenta. Os adultos locen plumas brancas nas patas durante a estación de cría. En Europa pode distinguirse do seu parente o corvo mariño cristado polo seu maior tamaño, constitución máis robusta, peteiro máis groso, carece de crista e a cor das súas plumas é escura, sen reflexos verdosos. En Norteamérica distínguese do corvo mariño orelludo porque tamén é máis grande e pesado e a gorxa deste último ten unha cor amarela máis intensa. Do mesmo xeito que outros corvos mariños, ten unha plumaxe pouco impermeable, polo que estende as súas ás para secarse. Ten un voo aleteante e estable, con planeos ocasionais. É característica a súa silueta de voo en forma de aspa. A miúdo faino en fileira ou en formación. Cando cría, ostenta manchas brancas nos francos e a cabeza e un lustre brillante na súa plumaxe escura. A ton é máis ben parduzca en xuvenís e inmaturos, coas partes inferiores claras. É un animal gregario que adoita formar concentracións, en ocasións bastante grandes, en durmideiros e zonas de descanso. Durmen e poñen as súas postas en árbores. Poden chegar a danalos tanto por sobrepeso como pola gran cantidade de excrementos que van depositando, xa que son corrosivos.

Habitat:

É unha especie moi común e espallada. Aliméntase no mar e nos esteiros fluviais, en lagos de auga doce e ríos. Os corvos mariños máis norteños emigran ao sur no inverno, asentándose en calquera lugar no que dispoñan de abondosa comida. Existen varias subespecies: Phalacrocorax carbo carbo atópase principalmente nas costas atlánticas, dende Grenlandia ata o Norte de África no leste e na Costa Leste de Norteamérica, onde aniña principalmente nas provincias marítimas do Canadá. Phalacrocorax carbo novaehollandiae atópase nas augas de Australasia e ten crista. En Nova Zelanda é coñecido como Corvo mariño negro ou como kawau(nome maorí). Phalacrocorax carbo lucidus tamén coñecido como Corvo mariño de peito branco atópase nas costas da África subsahariana, e caracterízase pola cor branca do seu peito e pescozo. Mide entre 80 -100 cm de longo. Phalacrocorax carbo sinensis que habita dende o oeste de Europa ata o leste de Asia. Phalacrocorax carbo maroccanus que habita no noroeste de África. Phalacrocorax carbo hannedae que habita no Xapón. Algúns biólogos tratan a todas estas subespecies como especies completamente diferentes. O corvo mariño grande aniña principalmente nos cantís da costa ou en árbores, que en ocasións son destruídas polos desfeitos dos paxaros, e ocasionalmente en terra dentro. Pon 3-4 ovos nun niño construído con algas, herbas e excrementos. Eminentemente piscívoro, aliméntase dun amplo abano de especies, entre elas as anguías, que ocupan unha parte considerable na súa dieta nas áreas onde está presente. Nada co seu corpo sobresaíndo pouco da auga, dexergando con frecuencia baixo a superficie para localizar os peixes. Depreda sobre as especies máis nadadoras e diurnas, ás que persegue nadando ou, máis frecuentemente, mergullándose. Pode mergullarse a profundidades considerables, pero non adoita afastarse da costa. Permanece mergullado unha media de 20-30 segundos. Devora as súas capturas na superficie. Ás veces cooperan varios individuos para acurralar conxuntamente ás súas presas.

Species ID Suggestions



Sign in to suggest organism ID

No Comments

caldasrafa
Spotted by
caldasrafa

Galicia, Spain

Spotted on Jan 20, 2012
Submitted on Feb 3, 2012

Related Spottings

Double-Crested Cormorant Neotropic Cormorant Brandt's cormorant Cormorant

Nearby Spottings

Lorcho fedorento (gl) Garceta común (es) Gaviota reidora (es) Conejo europeo (es)
Noah Guardians
Noah Sponsors
join Project Noah Team

Join the Project Noah Team