Guardian Nature School Team Contact Blog Project Noah Facebook Project Noah Twitter

A worldwide community photographing and learning about wildlife

Join Project Noah!
nature school apple icon

Project Noah Nature School visit nature school

Lamprehuela (es)

Cobitis calderoni

Description:

É unha pequena especie bentónica que non supera os 8 cm de lonxitude. Corpo cilíndrico e alongado con escamas diminutas, dunha cor xeral abrancazada, con multitude de manchas escuras moi constantes e ordenadas en catro series lonxitudinais, sendo a inferior a que presenta as manchas de maior tamaño. É característica a presenza de seis barbelas na súa boca, de localización ínfera. A aleta dorsal presenta 7 raios ramificados e insírese algo posteriormente ao comezo das aletas ventrais. Sen dimorfismo sexual externo. A posta parece ter lugar na primavera, entre marzo e maio. Desovan sobre fondos de grava en cursos de augas de corrente forte. As postas son reducidas, de tan só 200 ovos aproximadamente. A súa dieta componse de invertebrados do fondo dos ríos (crustáceos, insectos, rotíferos, anélidos...).

Habitat:

Especie moi sedentaria, de hábitos nocturnos, que pasa a maior parte do tempo semienterrada no substrato. Adoita habitar os tramos medios dos ríos, en augas claras con fondos de grava e rocha e en zonas onde a concentración de oxíxeno disolto na auga é elevada. Evita as augas profundas e en xeral desprázase en grupos de 5-10 exemplares

Notes:

Endemismo español. Na península Ibérica as súas poboacións son escasas e atópanse en marcada regresión. En Galicia está presente no río Tea e, polo tanto, en conexión co río Miño.

Species ID Suggestions



Sign in to suggest organism ID

2 Comments

caldasrafa
caldasrafa 12 years ago

no sé como las diferencias!! yo todavia tengo dudas pero creo es calderoni, las demás dudo, si las viera completamente adultas se verian mejor las diferencias

Adri
Adri 12 years ago

Esta si es calderoni

caldasrafa
Spotted by
caldasrafa

Tui, Galicia, Spain

Spotted on Mar 6, 2011
Submitted on Jan 7, 2012

Related Spottings

Colmilleja Gobio de roca Giant goby. Cobio de roca Common Blenny?

Nearby Spottings

Espinoso (es) Lamprehuela (es) Gambeta o Camarón de rio (es) tambien Camarón europeo Anguia (gl), Anguila europea (es), European eel (uk)
Noah Guardians
Noah Sponsors
join Project Noah Team

Join the Project Noah Team