Guardian Nature School Team Contact Blog Project Noah Facebook Project Noah Twitter

A global community of nature enthusiasts
photographing and learning about wildlife

Join Project Noah!
nature school apple icon

Project Noah Nature School visit nature school

Caroucha, Queiruga ( gal )

Erica Tetralix

Description:

MÁIS INFORMACIÓN Os ramallos das carrouchas tiveron antano moita importancia. A partir deles obtíñase un carbón vexetal moi utilizado nas ferrerías galegas, aínda que o mellor era o da uz branca. Os restos de ramallos da carroucha e outras plantas desta familia forman o mantiño, unha terra moi empregada en xardinería para as plantas que non toleran o cal. En canto as flores serven ás abellas para elaborar o coñecido “mel de carroucha” , enriquecen a paisaxe coa súa cor púrpura e teñen utilidade en Medicina. A parte empregada son as ramiñas con flores, que teñen acción astrinxente e antiséptica nas vías urinarias grazas a súa riqueza en taninos e flavonoides. De un tempo a esta parte a redución dos toxais – carroucheiras esta a ser moi importante, principalmente debido ás plantacións forestais, a utilización de fertilizantes artificiais, a desaparición da maioría da gandería rústica extensiva, a creación de infraestruturas para os coches, a instalacións de enerxía eólica, a minería do subsolo e ao descoñecemento xeral do seu verdadeiro valor ecolóxico. A desaparición dos toxais - carroucheiras incide moi negativamente na recuperación da vexetación e do solo. ORIXE DO NOME A orixe do nome de carroucha non está claro. Podería derivar, igual que outras denominacións coma carrasca, carqueixa e queiruga, do latín CAREX, -ĬCIS, etimoloxía xeralmente aceptada polos filólogos para carrizo, pero tamén podería ter unha orixe común ás palabras carba, carballo ou carpaza, cuxa orixe probable é unha raíz prerromana preindoeuropea *CAR ou *K-R, que significa “rocha, cousa de constitución dura, planta de monte, áspera e dura”. Outra posibilidade, xunto coa orixe da palabra carpaza, é que derive do latín CARPĔRE, que significa “rañar” e, outra posibilidade máis é que estea relacionada coa palabra *CARAPACCIA, étimo que suxire para o castelán calabaza. OUTROS NOMES Carpaza, queiruga. NOTA A Erica tetralix pódese confundir coa E. mackaiana, unha carroucha endémica que crece por riba dos 300 – 400m no norte de Galicia, entre as Serras Setentrionais e o mar Cantábrico, en prados húmidos, brañas e turbeiras. Diferénciase de E. tetralix porque pode acadar maior altura, ata os 80 cm, as follas teñen poucas peluxes, as anteras das flores son parda-escuras, e os sépalos non posúen lanuxe, igual que o froito. DESCRICIÓN Esta carroucha é un pequeno mato pouco ramalludo duns 50cm, coas ramiñas cubertas de peluxes curtas e de glándulas. FOLLAS As follas disponse en verticilos de 4, son estreitas e pequenas,de ata 5mm de lonxitude e de cor esbrancuxado polo envés. Están cubertas de pelos ríxidos. FLORES As flores son pequenas, duns 7mm, rosadas e con lanuxe no ápice, agrupadas en acios terminais moi xuntos de 5 a 12 flores, cos pedicelos máis curtos que as flores. As anteras son pardo claras e os sépalos posúen lanuxe. FROITO O froito é unha cápsula con lanuxe. FLORACIÓN: verano e outon

Habitat:

Atlantic Forest Aparece en brañas, prados húmidos de solos acedos (silíceos) e en turbeiras.

Species ID Suggestions



Sign in to suggest organism ID

No Comments

luis.bio.teis
Spotted by
luis.bio.teis

Toques, Galicia, Spain

Spotted on Apr 28, 2012
Submitted on Apr 28, 2012

Spotted for Mission

Noah Guardians
Noah Sponsors
join Project Noah Team

Join the Project Noah Team