Guardian Nature School Team Contact Blog Project Noah Facebook Project Noah Twitter

A worldwide community photographing and learning about wildlife

Join Project Noah!
nature school apple icon

Project Noah Nature School visit nature school

carballo (gal)

quercus robur

Description:

O carballo é unha fermosa árbore de gran porte que vén do Cretácico, diversificouse no Terciario e chega a vivir máis de 1000 anos. Era a árbore que representaba ao país, coma demostran os frecuentes topónimos, pero na actualidade quedan poucos bosques de carballo ben conservados e os seus pés non deixan de ser minoritarios, en xeral un tanto raquíticos e moitos enfermos de Oidium, un fungo que debilita á árbore e lle provoca manchas brancas nas follas. As causas da diminución das carballeiras, o bosque potencial de gran parte de Galicia, hai que buscalas nun uso lamentable do bosque desde hai milenios: Nun principio queimáronse grandes extensións para prados e cultivos, práctica que continúa nos nosos días, pois as carballeiras sitúanse nos terreos máis adecuados para a agricultura, aínda que na actualidade moitas áreas están ocupadas por plantacións monoespecíficas de eucalipto e piñeiro, especies de moito menos valor ecolóxico co carballo. A abundancia do carballo no pasado deu lugar a falsa sensación de que sempre estaría aí; matáronse moitas árbores, sen facer repoboación, para as fábricas de curtidos dispersas por toda Galicia, xa que a casca e os bugallos producidos polas avespas teñen gran cantidade de taninos. Algo parecido ocorreu nas ferrerías que utilizaban o carbón vexetal dos carballos, ata que acabaron con eles e tiveron que substituílos polo dos matos. A leña de carballo era excelente, o que orixinou unha práctica destructiva para as carballeiras como era podar a punta do tronco para favorecer a produción de ramallos. A máis a madeira desta árbore é durísima e de gran solidez, xa que resiste a podremia incluso dentro da auga. De aí que servira para a construción dos navíos da Armada Española, dos barcos de pesca, para travesas de ferrocarril, para facer mobles e tarimas. Aínda que tradicionalmente se cre que o Arsenal de Mariña de Ferrol contribuíu á decadencia dos nosos bosques, é ben certo que o problema xa viña de lonxe; calculouse que esta actividade só diminuíu un 5% as poboacións, se ben eliminou para sempre as árbores senlleiras. O certo é que a Ordenanza de Mariña de 1748 obrigaba á restauración da cuberta vexetal. Non obstante a súa aplicación foi máis que deficiente, coma a xestións dos bosques polos seus responsables. As escasas carballeiras que quedan teñen un gran valor ecolóxico, conservan en manteñen solos fértiles e profundos, regulan o réxime hídrico, ofrecen refuxio e alimentos a numerosos animais do bosque, coma ferreiriños, papuxas, tordos, pequenos roedores ou mamíferos máis grandes coma corzos. Baixo eles crecen gran diversidade de plantas e fungos, que son aproveitables que son aproveitables facéndoo de xeito razoable, do mesmo modo que o aproveitamento da súa madeira. Como era de esperar nunha árbore antigamente tan común hai numerosas tradicións e costumes vinculados con ela. Crese que ás veces formaban bosques sagrados. Preto de vellos carballos construíronse santuarios, que probablemente convertéronse en santuarios católicos co paso do tempo, coma ocorre en Santa Mariña de Augas Santas, que tiña un vello carballo que levaba “sangue” en vez de zume. Ao redor dalgún carballo facíanse ritos para quitar o tangaraño aos nenos (probablemente o raquitismo); tamén curaba as crebaduras dos nenos, lumbalxias e outras afeccións dos ósos. Asemade críase que eran eficaces contra meigallos, feridas de ollo, sombras, etc.

Habitat:

bosque de riveira

Notes:

ORIXE DO NOME Non está clara se a súa orixe é prerromana, ibérica ou preindoeuropea. A opinión máis estendida é que deriva da voz prerromana CARBA + o sufixo –ALIU. A raíz CARB-, CARV parece significar “ramaxe”, de onde derivaría mato e carballo novo ou tamén podería derivar de *KAR - que significa “rocha, cousa de constitución dura, planta de monte, áspera e dura

Species ID Suggestions



Sign in to suggest organism ID

No Comments

08.eso.teis
Spotted by
08.eso.teis

Redondela, Galicia, Spain

Spotted on May 20, 2012
Submitted on May 20, 2012

Related Spottings

Quercus Encina Kermes Oak Holm Oak

Nearby Spottings

Amanita (gal) cotorra kramer Abeleira(gal) Avellana(es) aciñeira (gal)
Noah Guardians
Noah Sponsors
join Project Noah Team

Join the Project Noah Team